ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
14/04/2015

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admite a trámite a denuncia ecoloxista contra a política de residuos da Xunta-SOGAMA

A Presidenta da Comisión de Peticións do PE, Cecilia Wikström, vén de comunicar aos grupos da Plataforma Galega contra a Incineración, a admisión a trámite da denuncia contra a Xunta-SOGAMA por incumprir a lexislación comunitaria de residuos

+info

13/04/2015

ADEGA-Ferrolterra esixe a retirada da ordenanza sobre a tenza de animais en Ferrol

Esta ordenanza foi elaborada pensando na veciñanza que non ten mascotas e polo tanto supón un agravio comparativo coa que si ten animais de compañía. E os parques caninos de recente creación non solucionan este agravio.

+info

10/04/2015

Crónica do obradoiro de construción dun forno solar

O 8 de abril tivo lugar o obradoiro de construción de fornos solares con caixas de cartón impartido por Juan Bello experto en cociña solar e profesor do CIFP de Someso. Arredor dunha trintena de persoas construímos os nosos fornos

+info

09/04/2015

Os intereses privados, outra volta por riba da protección das nosas árbores senlleiras

A Xunta vén de respostar á nosa denuncia pola tala salvaxe dunha árbore senlleira: o eucalipto bicentenario de Maná. Este patrimonio público era un "perigo" para a seguridade das persoas: as que voan nas avionetas privadas do aeródromo das Rozas

+info

08/04/2015

A Xunta non autorizará finalmente a escavación do forno romano das Catedrais

O proxecto pretendía o estudo, a recollida e documentación dos restos cerámicos do forno antes de seren alcanzados polo mar

O proxecto presentado por varios colectivos culturais, entre eles ADEGA, non consegue a autorización que permitiría o estudo, a documentación e a recollida de restos cerámicos do forno romano de Esteiro, situado na zona da Praia das Catedrais.

+info

07/04/2015

O concello de Baralla quere desprotexer un espazo natural para autorizar unha canteira

ADEGA presenta alegacións requirindo que se conserve unha área con importantes valores xeolóxicos e botánicos fronte a súa explotación mineira.

ADEGA presentou alegacións en Medio Ambiente contra un expediente promovido polo Concello de Baralla que tenta eliminar a protección dun espazo natural no planeamento urbanístico municipal para poder autorizar unha canteira.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal