ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
09/09/2015

ADEGA denuncia o asfaltado dun aparcadoiro na contorna protexida da Igrexa de Trobo

ADEGA solicitou información á Consellaría de Cultura sobre os permisos que deste organismo obtiveron ditas obras e no caso de non existiren pídelle á Xunta que obrigue ao concello de Begonte a restituír ao seu estado orixinal os terreos afectados.

+info

01/09/2015

ADEGA adía a data límite para participar nos Concursos polo Territorio 2015

O vindeiro 15 de outubro será a data límite para a entrega das obras

ADEGA aprazar nun mes a data límite de entrega de obras a concurso para os certames de Fotografía, Relato e Curtas polo Territorio deste ano 2015.

+info

25/08/2015

Científicos/as das 3 universidades certifican danos de Ferroatlántica a hábitats e especies protexidas no Xallas

ADEGA denuncia na Fiscalía do TSXG os impactos das 3 novas centrais que Villar-Mir constrúe no Xallas

As obras das 3 centrais hidroeléctricas que Ferroatlántica constrúe no Xallas están a danar especies e hábitats protexidos. ADEGA insta á Fiscalía a investigar os feitos e a tramitación dunhas instalacións que nunca deberon ser autorizadas...

+info

19/08/2015

8 medidas básicas para racionalizarmos o uso da auga sen agardar á seca

Perante a alerta de seca, ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais, medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, sen esquecermos as actitudes e medidas a ter en conta como usuarios/as

+info

12/08/2015

Golpe á biodiversidade da praia das Catedrais

Malia ao flamante Plano de Conservación recentemente aprobado, ADEGA vén de denunciar o recheo de dúas charcas neste espazo con especies protexidas e refuxio aves ameazadas. Un duro golpe ás aspiracións deste espazo a Parque Natural

+info

10/08/2015

Moitos dos lumes que arrasan o país comezan prendendo nun despacho

As causas estruturais dos lumes están diagnosticadas dende hai anos, e as medidas para reducir a súa incidencia son coñecidas. A pregunta é como unha administración con cacidade para poñelas en marcha, alén de non o facer, lexisla no senso contrario

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal