Os vindeiros 9 e 10 de decembro, a Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA, ensalzará o papel da veciñanza e dos colectivos sociais na defensa do territorio fronte a gobernos e especuladores, sometidos ambos ao lobby enerxético.
A plataforma, que integra ADEGA canda a outras seis organizacións, considera imprescindible o peche da regasificadora de Mugardos e dos ciclos combinados a gas fósil de Sabón e As Pontes antes de 2030.
ADEGA, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción Galiza, Greenpeace, SEO/BirdLife, Sociedade Galega de Historia Natural e WWF España dirixiron a súa solicitude por carta á Consellaría do Mar.
ADEGA xunto cunha equipa científica realizou ao longo deste 2023 un exhaustivo estudo da riqueza florística da Illa de Tambo na ria de Pontevedra. O traballo foi realizado coa colaboración da USC e do Concello de Poio, que facilitou o acceso á illa
Ao berro de "As leis do Capital non son de interese xeral", a Coordinadora "Eólica Así Non" concentrouse esta tarde diante do Parlamento contra as leis do PP que só favorecen ás promotoras eólicas e que van en contra da cidadanía e do medio ambiente.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal