ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
04/11/2026

Instan a reclamarlle masivamente a Rueda o acceso á información contida no acordo entre Impulsa Galicia e Altri

As plataformas Ulloa Viva, contra a mina de Touro-O Pino, PDRA e ADEGA sospeitan que nese memorando se ocultan as compoñendas da Xunta con Altri.

+info

03/11/2026

​ADEGA denuncia rozas con maquinaria pesada nunha zona húmida en Castroverde

A asociación alerta das posibles afeccións ao Rego de Mosteiro e ás fontes do Xuncal, do Torrón e do Ouro. As rozas con maquinaria pesada estanse levando a cabo xunto á igrexa románica de San Pedro de Cellán de Mosteiro.

+info

02/11/2026

A Xunta adxudicou centos de peritaxes nos litixios eólicos a unha consultora que traballou para a patronal eólica

Máis de 265.000 € en 321 contratos a dedo para Atefor S.L. por informes para os contenciosos eólicos.

+info

30/10/2026

ADEGA impulsa o proxecto Rías Vivas-Sur para promover a conservación das rías galegas a través da formación, a divulgación e a ciencia cidadá

A iniciativa, coordinada pola delegación de ADEGA en Pontevedra Sur, busca implicar os sectores marisqueiro e pesqueiro, así como a cidadanía, no coñecemento e na protección da biodiversidade e dos hábitats litorais.

+info

28/10/2026

ADEGA-Pontevedra Sur alerta das eivas ambientais de dous proxectos de centrais hidroeléctricas reversibles no río Miño

A organización presentou alegacións aos proxectos de Crecente e Filgueira polos seus impactos sobre hábitats prioritarios e especies ameazadas.

+info

27/10/2026

ADEGA insta a execución forzosa da sentenza que obriga á Xunta a restituír a protección ao territorio pretendido por ALTRI

Tras 6 meses de desobediencia, a Xunta debe corrixir a arbitraria modificación da Infraestrutura Verde perpetrada para favorecer a ALTRI.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal