ADEGA-Lugo dedicará os roteiros deste curso 2016-2017 a mostrar diferentes iniciativas, repartidas por todo o país, que teñen como obxectivo a recuperación do noso patrimonio cultural e natural e poñelas en destaque.
A Xunta accede, finalmente, a escavar o Forno romano de Esteiro de Ribadeo, do que retira centos de restos de cerámica romana, cuxa presenza antes negaba. Parabenizamos a todas as persoas que axudaron a Mariñapatrimonio e a ADEGA cara este obxectivo.
Ferrol. 4.10.2016. Novo local para ADEGA nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Ubicado en Ferrol, no edificio rehabilitado do Antigo Hospicio, rúa Méndez Núñez 11. Cedido polo Concello de Ferrol durante 4 anos prorrogable.
ADEGA e outras organizacións vimos de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a situación do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño, ameazado polos eucaliptos
ADEGA e A Mesa pola Normalización Lingüística vimos de denunciar un novo caso de discriminación, imposición e chantaxe lingüistica por parte da Xunta na tramitación dun expediente administrativo.
O número 7 de Sermos-ADEGA preséntanos os valores científicos para a paleontoloxía e a arqueoloxía da Cova Eirós de Triacastela, o Libro da Historia máis recuada da Galiza. Tamén se relata a difícil loita de ADEGA por protexela de forma efectiva.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal