A devesa de Anllares, ao carón do río Xallas, leva décadas sofrindo as consecuencias do esquecemento -intencionado- das institucións. Recurtada, fragmentada e agora ameazada polos eucaliptos, urxe xa a súa protección!
ADEGA, entre outras entidades, demanda ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente que actúen inmediatamente contra a erosión e a perda de solo e biodiversidade nos espazos naturais asolados polo lume.
ADEGA, xunto con outras entidades sociais, sindicais, agrarias e ecoloxistas galegas, pedimos a dimisión inmediata do Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, ante a situación de devastación incendiaria que vive Ourense.
Tralo parón da exposción sobre Amazonía, reanúdase en Ferrol dita exposición poderá visitarse no Centro Torrente Ballester ata o 17 de xullo. Artista : Manuel de la Mata. Colabora: ADEGA, SGHN, Verdegaia, Club de Montaña, Bombeiros e Concello Ferrol.
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de pedir á Xunta que retire de toda circulación pública, nomeadamente, do visor de aproveitamentos forestais a información supostamente "actualizada" da delimitación dos xacementos galegos, por estar chea de erros.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal