ADEGA, CIG, FRUGA e ORGACCMM instan a Xunta a someter a unha nova revisión a modificación do Plano Forestal para adaptalo ao inventario forestal galego, que está en proceso de elaboración e é vinculante para a reforma do Plan Forestal.
4 das 26 granxas de visón actualmente en funcionamento en Galiza poden ser ilegais, ao telas a Xunta autorizado despois de marzo de 2016. Nesta data o Supremo prohibíu novas instalacións e ampliacións en todo o territorio do Estado.
ADEGA advirte sobre a chegada dun novo boom do eucalipto en Galiza de saír adiante os proxectos "verdes" que presentan como alternativa de futuro certos lobbys empresariais, como o recentemente presentado por Feijóo: a fábrica de viscosa de Inditex.
Algúns contratos eólicos son pouco menos que insultantes para os titulares das terras. Prezos ridículos e cláusulas escandalosamente favorábeis para as empresas, que mesmo ofrecen "opcións de arrendamento" a 5 anos pagando CERO!
As 26 granxas de visóns radicadas en Galiza (as 3/4 partes do Estado), alén de supoñer un elevado risco biolóxico para os ecosistemas, poden ser un vector de dispersión de novas cepas de COVID-19. A que agarda a Xunta para decretar o seu peche?
ADEGA Lugo, insta ao Concello de Lugo que emende o erro de considerar o eucalipto e o piñeiro como madeira autóctona galega e non leve ao engano á cidadanía lucense.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal