O Parque Eólico Campelo, xunto cos proxectos eólicos de Bustelo e Monte Toural da promotora Greenalia, foron recorridos en vía contenciosa-administrativa por ADEGA e a PDCC, con cargo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica.
As seis entidades que integran o Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica (FDXCC), entre as que está ADEGA, recorren no Tribunal Supremo o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima 2021-2023 e a zonificación ambiental do MITERD.
A plataforma "Por un Monte Galego con Futuro" denunciou ante a Fiscalía e a Valedora do Pobo o desleixo do goberno da Xunta ante a vaga de lumes que nas últimas semanas teñen producido graves efectos nos montes e ecosistemas de Galiza
O FDXC,do que fai parte ADEGA, recorre as autorizacións administrativas do tres complexos eólicos do nó de Villameca (Bierzo) pola súa afección á pita do monte cantábrica.
A Coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher de novo a Praza do Obradoiro no Día do Medio Ambiente cunha multitudinaria manifestación de persoas e colectivos que reclamaron un modelo enerxético alternativo para Galiza, xusto e sustentábel.
A Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA, xa acolle a 222 entidades de toda Galiza que esixen un cambio de modelo enerxético que respecte o medio ambiente e as persoas. Porque temos alternativa!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal