8 meses despois de denegar o proxecto, a Xunta aínda non resolveu o recurso de reposición presentado pola mineira en marzo. Aínda que o silenzo é negativo pasado un mes, a lei obriga a unha resolución expresa, que mesmo podría ser estimatoria...
26 entidades entidades e 1000 persoas sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e denunciar a problemática ambiental do lixo mariño na Décima edición da Limpeza Simultánea de Praias.
VOLVE A MINA DE TOURO! Ecoloxistas, confrarías, produtores de mexillón, plataformas veciñais e entidades sociais, reiteramos a nosa firme oposición ao proxecto de reapertura da mina
ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
O pasado abril o Ministerio de Transición Ecolóxica prohibíu o depósito de áridos no punto de vertido de Sálvora até haber alternativas. Sorprende que Vilagarcía, dependente de Portos do Estado, pretenda agora deitar máis dragaxes alí.
ADEGA conclúe, tras revisar o prego de licitación, que o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria do Concello de Santiago previsto para os vindeiros 10 anos non conseguirá acadar os obxectivos fixados pola UE en materia de residuos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal