ADEGA

Educación ambiental

Formulario de busca
13/07/2022

Proxecto de bioeconomía e transición ecolóxica

Arranca o Proxecto Fluviatilis

Unha oportunidade para restaurar ríos e adaptarnos ao cambio climático

Cinco entidades de conservación da natureza e custodia del territorio uníronse para poñer en marcha iniciativas transformadoras que impulsen a bioeconomía

+info

04/07/2022

Finalizan con éxito os cursos técnicos de compostaxe impartidos por ADEGA en Ames e Moaña.

ADEGA realizou durante os meses de maio e xuño a formación denominada “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” para o emprego dentro do Programa Empleaverde, que rematou os días 7 e 30 de xuño en Ames e Moaña, respectivamente.

+info

14/06/2022

O Proxecto Ríos chega á maioría de idade

ADEGA e Augas de Galicia renovan a cooperación para promover o coñecemento e coidado dos recursos fluviais de Galiza entre a mocidade e a sociedade en xeral

+info

19/05/2022

ADEGA e o Proxecto Ríos celebran o día Internacional da Biodiversidade

Realizaranse accións de voluntariado no río Tea e en Carballo

Para celebrar o dia Internacional da Diversidade Biolóxica farase unha descuberta de biodiversidade no río Alén e se eliminarán EEI no río Tea e nas microrreservas da Costa da Morte

+info

16/05/2022

Comeza o II Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada impartido por ADEGA

En ADEGA levamos máis de 20 anos traballando a prol da compostaxe e da xestión sustentable dos residuos. Por iso organizamos un curso de compostaxe denominado “Curso Técnico de Compostaxe Descentralizada” que terá lugar no concello de Moaña.

+info

09/05/2022

ADEGA inaugurou hoxe en Ames o Curso de formación en técnico/a de compostaxe en 2022

Hoxe tivo lugar a inauguración do I Curso Técnico de compostaxe decentralizada da asociación ecoloxista ADEGA durante o 2022, que está a ter lugar desde hoxe no concello coruñés de Ames.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal