Co novo ano chega o momento de facermos balanzo ambiental do 2015 e de apontar algunha das cuestións ás que prestaremos antención neste 2016. Vellos problemas que aínda seguen aí e novos desafíos que marcarán o traballo nesta xeira
ADEGA acolleu na semana do 20-26 de abril a un técnico de custodia do territorio, Xavi Alifonso, da Associació Picampall de Cataluña para a súa capacitación coñecendo a iniciativa “Charcas con Vida”. A súa visita enmarcábase no proxecto Tecendo redes
O pasado 25 de abril 11 persoas participaron na xornada de voluntariado organizada por Charcas con Vida para recuperar unha antiga poza de rega no lugar de Sabarís, Campañó (Pontevedra).
Este 21 de abril, membros de dúas entidades catalás visitan o ecoespazo O Rexo (Allariz) para coñecer o proxecto "Charcas con Vida" e a charca alí construída. Aliás, poderán coñecer outras iniciativas galegas de custodia do territorio
A Rede Galega de Custodia do Territorio, da cal forma parte ADEGA como socia fundadora, participa na organización destas xornadas xunto con outras entidades galegas e estatais. Serán en Compostela este 27 e 28 de marzo.
Do 5 ao 8 de novembro ADEGA participou no primeiro Congreso Europeo de Custodia do Territorio e tamén nas Xornadas Estatais de Custodia do Territorio que se celebraron en Barcelona
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal