O rexeitamento do proxecto de Corcoesto pola Xunta non se debeu a causas ambientais. De feito, tanto Feijóo como Aréchaga, director do proxecto e ex-responsábel da mina das Pontes, insisten na súa inocuidade e poñen de modelo ao "lago" de Endesa...
A noticia de que a Xunta rexeitará o proxecto de Corcoesto por "insolvencia financeira e técnica" non significa que desapareza a ameaza da megaminaría en Galiza. Co PSAEG, Galiza seguirá sendo "unha mina", só que para peixes máis grandes...
Onte tivo lugar unha mesa redonda sobre os impactos sobre na ría de Ferrol do proxecto de tren cara ao porto exterior, na que participou Xandro García, Vicepresidente de ADEGA e membros da asociación Muiño do Vento de Canido (Ferrol).
Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. Co lema "Móvete por un ar máis limpo" quérese destacar o impacto do transporte a motor no ar que respiramos. Mentres, a Xunta insiste na falsa mensaxe da boa calidade do ar en Galiza.
Este 11 de setembro representantes do movemento ecoloxista galego entregamos no Parlamento dúas iniciativas para a prohibir o cianuro en minaría, e obrigar ás mineiras a contar coas garantías suficientes para afrontar eventuais accidentes.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal