15/05/2014
Hai un ano que ADEGA se uniu á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra. Durante este período, as nosas instalacións de Compostela e Lugo acolleron preto de 3 toneladas de roupa e calzado destinadas á reutilización e á reciclaxe téxtil.
13/05/2014
ADIF vai fletar un tren fumigador para eliminar a vexetación da liña Coruña-Ferrrol. O comboio esparexerá o herbicida nas dúas beiras da vía. Serán milleiros de litros de tóxicos inxectados nos ecosistemas, acuíferos e a carón de cultivos e vivendas
06/04/2014
Convocados pola plataforma a prol de salvar a Malata (Ferrol) do proxecto de pasar o tren ao porto exterior, realizouse unha concentración-reivindicativa no peirao de Ferrol
14/03/2014
Vimos de coñecer a resolución da Dir. Xeral de Industria, Enerxía e Minas que denega o proxecto de explotación de Edwater para a mina de Corcoesto. Parabéns a todos/as! Porén, ducias de Corcoestos son aínda posíbeis co Plano da Minaría da Xunta.
11/03/2014
Centos de milleiros de persoas despexadas, fugas constantes, enormes custos económicos... 3 anos despois da catástrofe, o governo xaponés pretende reabrir as súas nucleares e Rajoy facer o propio con Garoña, un reactor idéntico ao de Fukushima 1
07/03/2014
Os alcaldes de Lalín, Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces puideron coñecer de primeira man o tratamento de residuos que fai da planta do Barbanza, unha das que máis recicla do Estado e unha alternativa real ao taxazo de SOGAMA
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal