16/05/2019
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de denunciar á Xunta perante o Seprona por posíbeis danos nun petróglifo situado no Xistral, concretamente no Chao de Sinás (Ourol-Lugo).
10/05/2019
ADEGA e Mariña Patrimonio expresan a súa sorpresa polo feito de que no seu día o Servizo de Patrimonio de Lugo argumentase que non había "probas abondas" sobre a existencia do Castro de Trinidade, situado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá.
25/04/2019
Abril.2019.Ferrol. A Fraga de Menáncaro é unha zona de bosque autóctono de Ferrol. Varios operarios dunha empresa maderera comezaron unha tala nesta zona e trala presenza de membros de Adega, Verdegaia e veciños paralizouse a actuación.
23/04/2019
ADEGA fai valoración da declaración definitiva do BIC Cova Eirós, a que considera necesaria, pero insuficiente para garantir a protección do xacemento arquelóxico. Insta ao Concello de Triacastela a desenvolver un Plan Especial de Protección.
08/04/2019
ADEGA e Mariña Patrimonio denuncia o desleixo da Xunta ante a falta de protección dun xacemento de Cervo que data da Idade de Bronce, malia a ter sido avisada do achádego en 2010.
28/03/2019
A Consellería de Cultura abre dilixencias informativas contra a canteira denunciada por ADEGA e Mariña Patrimonio que ocupa o Castro de Trinidade e contradí, cos seus informes, os emitidos polo Servizo de Patrimonio de Lugo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal