16/09/2014
Pretenden fumigar 17.457 ha de eucaliptos na Coruña, Lugo e Pontevedra con tau-fluvalinato 10%, grazas a un permiso excepcional do Ministerio. Este tóxico, en combinación con outros ten tamén amosado efectos nocivos sobre as abellas
09/09/2014
Os eventos deportivos de masas poden chegar a deixar unha importante pegada ecolóxica, sobre todo se acontecen en espazos sensíbeis ou de alto valor natural. Cada tirada de "La Vuelta" pode chegar a xerar máis de 5 tn de residuos
23/07/2014
Dende a Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA, ORGACCMM) queremos valorar a posíbel incidencia dos lumes durante o periodo de máximo risco deste verán, a teor dunha serie de condicionantes e tendo en conta as medidas tomadas dende a Xunta
Hoxe, Día Mundial da Conservación do Solo, ADEGA e outros 45 colectivos, presentaron en rolda de prensa en Lugo a campaña a prol do bosque autóctono “Cousa de Raíces”, onde se falou dos beneficios das especies autóconas para a creación de solo fértil
02/07/2014
Lumes, eucaliptos, minas e ceo aberto, encoros... E agora, un vertedoiro pirata. As Fragas do Eume, un dos nosos espazos protexidos máis emblemáticos, amosa outra volta as consecuencias dunha caótica xestión. Nos espazos protexidos vale todo!
25/06/2014
Villar Mir Energía S.L. con domicilio na Torre Espacio do Paseo da Castellana, vén de solicitar ao ministerio 2 parques eólicos de 59,4 e 52,8 MW nos concellos de Vimianzo, Zas, Coristanco, Carballo e Tordoia
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal