Analíticas encarregadas pola delegación de ADEGA-Monterrei dos regos que drenan o Támega á altura de Laza, amosan altos valores de As (arsénico) e Pb (chumbo), entre outros metais pesados. Proveñen dos arrastres de sedimentos dende as obras do AVE
As obras do Plan Paradai de Lugo afectan á area de inundabilidade do río Rato e tamén á senda peonil que discorre ao seu carón, á altura da rúa Serra de Meira.
Do 5 ao 8 de novembro ADEGA participou no primeiro Congreso Europeo de Custodia do Territorio e tamén nas Xornadas Estatais de Custodia do Territorio que se celebraron en Barcelona
Antonte, ADEGA celebrou onte unha mesa redonda na que se puxo de relevo o impacto ambiental e na saúde das persoas que suporía a instalación dunha gasolineira nas inmediacións do centro comercial de Carrefour de Lugo, a escasos 70 metros do río Miño.
O Manual de Custodia Fluvial pretende ser un documento de referenza no que se traten todas as cuestións ligadas á participación cidadá no coidado e seguemento dos ecosistemas fluviais
ADEGA e a Plataforma sarriana polo río critican en forma e contido o desestimento da Consellaría de medio ambiente do recurso de alzada interposto por ADEGA contra a denegación de inclusión do ameneiral do río Sarria no Catálogo de árbores senlleiras
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal