ADEGA, xunto co Concello de Carballo, e dentro do Proxecto Anllóns-Bardoso que éste desenvolve, realizara durante tres semanas visitas con centros de ensinoá potabilizadora e depuradora do concello para amosar o ciclo da auga na cidade.
ADEGA-Ferrol e as AA.VV. da Cabana e da Graña, que forman parte da plataforma Salvemos A Malata, queren manifestar que o acceso ferroviario ao porto exterior pola Malata pon en serio perigo o dique mareal da Cabana e o núcleo histórico da Graña.
Membros da Plataforma polo saneamento integral ría de Ferrol (ADEGA, SGHN, Verdegaia, A.VV. de El Pilar, Colectivo Ártabra 21, Espazo Ecosocialista, Fuco Buxán, Nós, Equo Ferrolterra,Compromiso por Galicia,PSOE,BNG , Anova , IU-EU...), e centos de cidadán
O Proxecto Ríos vén de apresentar o seu informe anual correspondente ao ano 2014. Detéctase unha acusada diminución dos treitos en bo estado e un aumento dos de calidade moderada e deficiente.
O 2 de febreiro celébrase o día dos Humidais, por terse asinado ese día de 1971 o Convenio sobre os Humidais na cidade iraniana de Ramsar. Dende 1900 desapareceu o 64% dos humidais del planeta. Que podes facer ti?
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao concello de Cospeito con máis de 30.000 euros por contaminar o Río Guisande e a Lagoa grande de Cospeito con augas residuais procedentes da antiga depuradora municipal.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal