03/04/2014
O acto convocado pola asociación Salvemos a Malata, terá lugar o vindeiro domingo día 6 de abril as 12h na pasarela peonil que está na entrada do peirao carboeiro.
02/04/2014
Xa podes descarregar o manual de construción e recuperación de pequenas charcas editado no proxecto Charcas con Vida. O manual amosa os principais pasos para recuperar ou construír pequenos humidais presentando varios exemplos prácticos.
01/04/2014
ADEGA, através do Foro do Camiño Primitivo, impugnou ante o Tribunal Superior de Xustiza o decreto de delimitación do Camiño Primitivo por entender que atenta contra os criterios de autenticidade e integridade desta calzada histórica
28/03/2014
A Xunta vén de aprobar un Plano Director da Rede Natura con 4 anos de retraso e que pretende tralo verniz dunha falsa protección ambiental "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas da RN2000 galega, a máis cativa en porcentaxe do estado
O desembarco en Galiza das granxas de visóns vetadas en Europa é xa unha abordaxe en toda regra. Sen rematar o periodo de alegacións, sen licenza nen permisos ambientais, as pelexeiras obran a toda máquina na millor tradición dos feitos consumados
26/03/2014
ADEGA e a As. Galega de Amigos do Camiño de Santiago esiximos ás D. X. de Patrimonio e d Conservación da Natureza que cumpran a lei e paralisen as obras ilegais de derrubamento da ponte de Toleiro e a tala das árbores incluídas no Camiño de Santiago
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal