14/11/2017
Máis de 150 participantes en 14 praias e máis de 1000kg de lixo recollidos. É o balanzo da VI Limpeza Simultánea de praias da finde semana do 10 ao 12 para concienciar da problemática do lixo mariño
08/11/2017
O Fiscal de Medio Ambiente vén de trasladar ao xulgado de Noia as graves irregularidades da mina de San Fins, pola posíbel esistencia de delitos contra os recursos naturais e o medio ambiente
10/10/2017
ADEGA rexeita a iluminación do paseo do do río Rato e, por tanto, a colocación de case 300 farois, a carón do efluente polo impacto que a luminaria creará sobre a flora e fauna do espazo.
20/09/2017
A explotación do cobre en Touro resucita para aproveitar o alto prezo do metal empurrado pola demanda asiática. Sobre a paisaxe luar das explotacións históricas abandonadas, o novo proxecto nen resolve vellos problemas nen garante solucionar os novos
29/08/2017
Era visto. Por imperativo legal e tras 20 anos de incineración, a Xunta veuse obrigada a abrir a porta á compostaxe a gran escala permitindo a participación dos concellos na nova planta da Areosa e implantando a recollida selectiva
21/06/2017
Este San Xoán milleiros de cacharelas arderán polo país na festa do lume, con música, sardiñas, queimada... E tamén con miles de toneladas de lixo. Podemos facer a festa máis ecolóxica cunhas sinxelas medidas para non emporcar e estragar a natureza
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal