Máis de 100 persoas participaron nas tarefas de limpeza na xornada ambiental celebrada en Cervo. A actividade organizada pola CEMMA e o C.A.S. Costa Lugo, e na que colaborou ADEGA conseguiu retirar 500 kg de lixo, e tamén numerosos osos de balea.
Nunha manchea de concellos e parcelas do país a Xunta autorizou o uso de lamas de depuradora como fertilizante. Esta práctica, realizada sen os debidos controis nen garantías, pode virar na contaminación difusa de terras e augas
Este mércores 26 de novembro, celebrouse no CONAMA unha actividade sobre o lixo mariño. Houbo diferentes presentacións sobre esta problemática ambiental e ADEGA participou presentando a iniciativa de Limpezas simultáneas de praias.
O pasado luns, ADEGA entrevistouse cos grupos parlamentarios para que esixan ao Executivo de Feijóo o cumprimento da lei na protección efectiva como BIC da Cova de Eirós, ameazada pola explotación mineira de Cementos Cosmos.
Do 22 ao 29 de novembro celébrase a semana europea da prevención de residuos. Dende ADEGA traballamos todo o ano con obradoiros de sensibilización ambiental, seminarios, congresos e dinamizando novidosos proxectos de compostaxe por todo o país
ADEGA participou no seminario de “Composta en Red” para partillarmos experiencias de compostaxe caseira e comunitaria. O seminario tivo lugar en Vitoria-Gasteiz (Euskadi) e aproveitamos tamén para visitar as iniciativas de Azpeitia a Hernani
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal