Dentro da Campaña "Cousa de raíces" en defensa dos nosos bosques, queremos dar resposta ás consultas sobre as plantacións de eucaliptos. Este "kit de emerxencia" pretende ser unha ferramenta útil para evitar e denunciar as plantacións ilegais
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil sanciona ao concello de Cospeito con máis de 30.000 euros por contaminar o Río Guisande e a Lagoa grande de Cospeito con augas residuais procedentes da antiga depuradora municipal.
Seguro que na túa casa tes algún móbil en desuso. Os metais que acubilla poderían ser reusados e contribuir a reducir a demanda destas valiosas e escasas materias primas, cuxa explotación xera enormes impactos e desigualdades
Despois de ficaren suspendidos en 2011, hoxe asinamos un novo programa de compostaxe caseira co concello de Compostela. Serán 100 fogares máis os que poderán acceder a un composteiro e bonificar un 50% a taxa de lixo
Os protestos pola posíbel ubicación da planta de compostaxe de Pontevedra, co trasfondo das municipais, ten máis a ver cunha estratexia eleitoral que coa realidade do proceso da compostaxe
As obras do Plan Paradai de Lugo afectan á area de inundabilidade do río Rato e tamén á senda peonil que discorre ao seu carón, á altura da rúa Serra de Meira.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal