ADEGA, xunto co Concello de Carballo, e dentro do Proxecto Anllóns-Bardoso que éste desenvolve, realizara durante tres semanas visitas con centros de ensinoá potabilizadora e depuradora do concello para amosar o ciclo da auga na cidade.
ADEGA-Ferrol e as AA.VV. da Cabana e da Graña, que forman parte da plataforma Salvemos A Malata, queren manifestar que o acceso ferroviario ao porto exterior pola Malata pon en serio perigo o dique mareal da Cabana e o núcleo histórico da Graña.
Dentro da campaña "Cousa de Raíces" vimos de denunciar outra plantación de eucaliptos sobre un antigo bosque atlántico na ZEC (LIC) Xubia-Castro, parte da Rede Natura 2000.
ADEGA e MariñaPatrimonio vimos de advertir ao Servizo de Patrimonio Culturala que no lugar da Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana sen inventariar.
Membros da Plataforma polo saneamento integral ría de Ferrol (ADEGA, SGHN, Verdegaia, A.VV. de El Pilar, Colectivo Ártabra 21, Espazo Ecosocialista, Fuco Buxán, Nós, Equo Ferrolterra,Compromiso por Galicia,PSOE,BNG , Anova , IU-EU...), e centos de cidadán
ADEGA e a FRUGA veñen de denunciar ante a D. X. de Conservación da Natureza, o SEPRONA e o concello de Castro de Rei a poda salvaxe do “Eucalipto do Maná” que afectou os valores naturais polos que foi protexido como árbore senlleira.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal