ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
05/06/2023

5 xuño, Día do Medio Ambiente

Sentenza de Campelo: a primeira contra a invasión eólica que evita danos sobre o Medio Ambiente galego

O TSXG acusa á Xunta de vulnerar o dereito comunitario en materia de participación pública e avaliación ambiental, o que supón un importante precedente xurídico na loita contra a invasión eólica.

Hoxe, Día do Medio Ambiente, ADEGA quixo celebrar esta efeméride poñendo en valor as repercursións sobre o medio ambiente que ten a sentenza do TSXG que anula o proxecto eólico Campelo, recorrido por ADEGA e a PDCC.

+info

02/06/2023

ADEGA lanza novos desafíos #TiPodesParalos: frear outros tres parques eólicos no interior da Coruña e Pontevedra

Trátase de Vilartoxo e Troitomil, que forman parte dun único macroproxecto na Baña, Negreira e Val do Dubra; e do parque eólico Monte Festeiros, en Forcarei e Silleda.

+info

01/06/2023

Seguir tramitando eólicos no mar sen rematar a planificación nen avaliar os riscos levaranos a outro "fracaso ambiental"

Estes e outros déficits teñen sido manifestados nunha recente conferenza sobre os impactos da eólica na pesca no Parlamento Europeo

O parque "Breogán", é o último tramitado e coincide no mesmo espazo mariño co "Galwind", presentado hai 6 meses. Ao Ministerio acumúlaselle o traballo sen ter rematado o marco legal nin a planificación sectorial, e cunhas eleccións ás portas.

+info

31/05/2023

ADEGA suma dous novos desafíos #TPP na comarca do Deza

Os proxectos eólicos Valdepereira e Pico Seco forman parte dun mesmo macroproxecto eólico fragmentado artificialmente. Ata o 1 de xullo haberá tempo para acadar o primeiro obxectivo económico para as dúas campañas.

+info

30/05/2023

ADEGA inicia actividades de xestión e control de especies exóticas invasoras no río Tambre

O vindeiro xoves, 01 de xuño, ADEGA comezará a realizar accións de xestión e control de EEI nos espazos custodiados no marco do Proxecto Fluviatilis: custodia para a resiliencia.

+info

26/05/2023

ADEGA na audición da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para denunciar o estado da Rede Natura 2000

Membros de ADEGA vimos de participar na audición que a Comisión de Peticións celebrou este día 24 para avaliar o estado de cumprimento da Directiva da Hábitats,

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal