20/05/2019
ADEGA colaborou na elaboración dunha aplicación móbil para facer seguimento do programa compostelán de compostaxe caseira, que facilita a recollida e xestión de datos.
17/05/2019
A delegación luguesa de ADEGA vén de dirixir a todas as forzas políticas que aspiran a gobernar a cidade da Muralla a partir do 26 de maio un decálogo de propostas ecoloxistas co obxectivo de introducir a a axenda ecoloxista no debate electoral.
30/04/2019
A finais de xaneiro ADEGA comezou un proxecto de compostaxe novedoso coa asociación Ecos do Sur, entidade que traballa con colectivos en risco de exclusión social. O obxectivo é avanzar cara a economía circular e o fomento de emprego verde.
25/04/2019
ENCE está utilizando toda a artillería, mesmo aos traballadores/as, na súa teima en defender a permanencia en Lourizán. Velaí algúns exemplos recentes e as razóns da defensa que a Xunta fai da pasteira
11/04/2019
A Xunta está a tramitar a nova lei de residuos e solos contaminados para incorporar os novos obxectivos da xestión dos refugallos e da economía circular. No horizonte de 2020, a reciclaxe deberá ser do 50%, mentres hoxe SOGAMA anda polo 3%...
09/04/2019
No océano da documentación administrativa do proxecto mineiro de Touro, seguimos atopando tesouros. Un dos últimos recolle a resposta que a D. X. de Patrimonio Natural vén de emitir á actualización do proxecto de Cobre San Rafael... Demoledor!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal