O pasado mércores 12 de maio continuando co Ciclo de Encontros virtuais "Os impactos da enerxía eólica na Galiza" analizamos os efectos negativos sobre a biodiversidade.
Colectivos sociais que traballan pola defensa do patrimonio cultural galego déronse cita onte na mesa redonda convocada por ADEGA para abordar como lles afecta e responden ante a actual vaga de macroproxectos eólicos.
ADEGA pretende abordar neste ciclo os impactos sobre o Patrimonio cultural, a Biodiversidade, a Socieconomía, ademais de atender ás inquedanzas dos colectivos de afectados/as e ás diferentes posturas políticas sobre o modelo eólico actual.
No Día da Terra 2021, seis organizacións ecoloxistas da cornixa cantábrica, incluída ADEGA, únense para crear un fondo para a defensa xurídica das montañas cantábricas fronte os macroproxectos eólicos.
O parque eólico "Alto Cabrera" pretende convertir en polígono industrial a alta montaña galega. Quilómetros de pistas, enormes desterros e milleiros de toneladas de formigón entre aguias reais e osos... É o capitalismo verde!
Cerna 83 fai un repaso por algunhas das centrais eléctricas máis contaminantes do noso país e as electrointensivas (industrias que representan o 34% do consumo eléctrico total de Galiza) que dependen delas, afondando no caso de Alcoa.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal