Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA Vigo participa nas actividades encadradas...
18-09-2019
O vindeiro 27 de setembro terá lugar a Folga Mundial polo Clima convocada polo colectivo Xuventude polo Clima - Fridays for Future seguindo ás mobilizacións que se realizarán noutras cidades galegas e do mundo. A iniciativa esixe a declaración, por parte das diferentes institucións, do estado de Emerxencia Climática e a adopción urxente de diferentes medidas para combater e contrarrestar os efectos do cambio climático.
No desenvolvemento da convocatoria colabora o colectivo Movemento Galego polo Clima, do cal ADEGA fai parte, e que naceu froito da vontade de diferentes asociacións ecoloxistas e sociais para unir forzas e brindar apoio á iniciativa. Deste xeito, a convocatoria de dita greve no noso país, vai acompañada dun manifesto galego que foi redactado en consenso e asinado polas diferentes asociacións implicadas.
Amais da propia manifestación, durante as últimas semanas traballouse para programar, durante os días previos e posteriores ao venres 27, unha serie de actividades paralelas que teñen como finalidade dar unha continuidade ás vindicacións expostas no manifesto e achegar á cidadanía diferentes problemáticas medioambientais que afectan actualmente á nosa bisbarra, así como dar visibilidade ás propostas de diferentes colectivos da cidade que levan anos apostando e defendendo modelos alternativos e sostíbeis de mobilidade, soberanía alimentaria, etc.
Dentro da axenda elaborada, ADEGA Vigo ocuparase das seguintes actividades:
Dende ADEGA Vigo animámosvos a consultar a axenda completa das diferentes actividades e a participar delas e da manifestación polo clima que terá lugar o 27 de setembro ás 20h dende Vía Norte até a Porta do Sol.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal