12-07-2019
ADEGA-Lugo vai estar presente cun posto informativo nalgúns dos festivais que se celebran na provincia durante estes meses de verán.
Con esta iniciativa a delegación luguesa da asociación quere axudar á visibilidade da propia ADEGA e do traballo que realiza ao longo do ano. Visibilizar a entidade e as súas actividades é unha vía para conseguir sumar máis persoas á causa do ecoloxismo galego e para tornalo aínda máis forte, vivo, dinámico e eficaz.
Os festivais nos que ADEGA ten xa confirmada a súa presenza na contorna de Lugo para estas vindeiras semanas son:
Sábado, 13 de xullo: Outeiro de Rei (Carballeira de Santa Isabel). Convivio da Cultura Galega, organizado pola Casa-Museo Manuel María e Galiza Cultura, federación das asociacións culturais galegas.
Sábado, 20 de xullo: A Pastoriza (área recreativa da Riboira, Baltar). Festival da Chaira, organizado pola Asociación Cultural A Chaínza.
Sábado, 10 de agosto: Begonte (Clube Fluvial, Río Ladra). Festival 27373, organizado pola Asociación Cultural Castiñeiro Milenario.
Venres 30 e sábado 31 de agosto: Monterroso. Festival Agrocuir da Ulloa.
Agardamos a vosa visita!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal