ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Paralizada unha tala de árbores na Fraga de...

25-04-2019

Iniciada tala de árbores e paralizada trala actuación de membros de Adega, Verdegaia...

Paralizada unha tala de árbores na Fraga de Menáncaro (Ferrol) grazas á intervención de colectivos ecoloxistas

Paralizada tala de árbores na Fraga de Menáncaro, coa presenza de membros de Adega, Verdegaia, veciñanza.

Paralización da tala de árbores por colectivos ecoloxistas

Tras moitos anos de loita, denuncias e reinvidicacións de entidades ecoloxistas , e outros colectivos e veciñanza  (ADEGA, Verdegaia, SGHN, Greenpeace, Comunidade Menáncaro, EU, Colectivo Artabra 21, Xoaniña ..) o Tribunal Superio de Xustiza de Galicia no 2011 reforzaba  a proteción integral da Fraga de Menáncaro, onde, se pretendía a construción, en plena Fraga de 69 Chalets e un hotel de luxo por medio de unha inmobiliaria. 

Fraga de Menáncaro é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais pendente de incluir como Espazos Naturáis de interese local.
O 3 de abril 2019, membros de unha empresa madereira iniciaron la tala nesta zona, e trala actuación de denuncia de membros de Adega, Verdegaia, veciños, etc, paralizouse por parte do Concello de Ferrol tal actuación.
Ulteriormente o propio concello comunicou que adiantaría os trámites para protexer a zona. 

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal