ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Custodiando o Sobreiral do Arnego

08-05-2018

Custodiando o Sobreiral do Arnego

Actividades desenvolvidas

ADEGA recibíu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego. ADEGA ten un acordo  de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016. As accións estanse a desenvolver na parcela A Zarra da Pena na contorna do río Arnego. No marco do proxecto, realizáronse inventariados de flora e fauna e recuperación de elementos naturais e etnográficos, así como actiivdades de voluntariado ambiental.
Os Sobreirais do Río Arnego constitúen un espazo natural que está incluído dentro da proposta da Rede Natura 2000. Este espazo conta cunha superficie de 1.537ha e localízase nos termos municipais de Agolada, Lalín e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.

Até o de agora, nestes primeiros meses de 2018, fixéronse oito actividades do proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego. A maioría delas estiveron relacionadas coa divulgación dos valores naturais do río Arnego e o sobreiral que o circunda: foron tres descubertas de biodiversidade ou bioblitzs, dous de fauna e un de flora. Ademais realizaouse unha saída do Proxecto Ríos con alumnos/as da USC da Facultade de Xeografía.

Outro tipo de actividades foron, por unha banda a rehabilitación de valados tradicionais no perímetro da finca A Zarra da Pena; por outra banda e para coñecer a biodiversidade que alberga o sobreiral, activiades de  construción e colocación de refuxos para fauna, da que se fixeron dúas quendas e se colocaron 43 caixas refuxio para morcegos no sobreiral.
A última actividade foi a plantación de 50 sobreiras co alumnado do CEIP Xoaquin Loriga de Lalín.
Participaron ate o de agora 120 persoas no proxecto Custodiando o Sobreiral do Arnego.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal