ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Até finais de ano, ADEGA-Lugo dirixirá tres...

14-10-2013

Até finais de ano, ADEGA-Lugo dirixirá tres roteiros organizados pola Deputación de Lugo

Reserva a túa praza no formulario que atoparás en: www.deputacionlugo.org (sección Terras do Miño)

Roteiro organizado por ADEGA

ADEGA-Lugo será a encargada de dirixir os roteiros que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo neste último trimestre de ano, dentro dun amplo programa de actividades que vén de presentar hoxe ante os medios de comunicación. Estes roteiros estarán financiados polo organismo provincial, polo que serán de balde para os participantes, os cales só deberán levar comida para o camiño e roupa e calzado axeitados.

Os “Roteiros H2O” serán tres, un por mes, e estarán dedicados a un elemento fundamental para a vida, a AUGA, e ás funcións que desempeña nos espazos naturais lucenses. Da man de ADEGA-Lugo, visitaremos espazos ou territorios recoñecidos ambientalmente con figuras como a Reserva da Biosfera ou Rede Natura. As andainas de outubro e novembro percorrerán as montañas orientais da provincia de Lugo, a Serra do Courel e os Ancares; e o terceiro será por terras chans, en Guitiriz. Darémoslle sentido a través do noso ollar as evocacións que titulan este programa de roteiros e que suxiren diversas interpretacións: "augas levadas", "augas que furan" e "augas que curan".

Como reservar praza

Programa de roteiros 2013 (último trimestre)

Para participar nos “Roteiros H2O” de 2013, debes cumprimentar o formulario destinado a tal efecto que atoparás en www.deputacionlugo.org, na sección Terras do Miño, ou a través da ligazón: http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html

A reserva debe facerse, polo menos, con 4 días de antelación á data do roteiro. Se non queres quedar sen praza en ningún dos 3 roteiros, recorda que o formulario xa che permite facer a reserva para todos eles.

Os roteiros serán de xornada completa, e o autobús sairá en todos os casos diante da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), ás 9 horas da mañá. Se tes algunha dúbida, podes contactar con ADEGA-Lugo no 982240299.

Programa

27 Outubro: Augas levadas- Serra do Courel.
24 Novembro: Augas que furan- Covas de Furco (Becerreá).
15 Decembro: Augas que Curan- Guitiriz.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal