ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Créase a Plataforma polo saneamento da ría de...

27-09-2013

Créase a Plataforma polo saneamento da ría de Ferrol

Promovida por ADEGA, SGHN, Verdegaia, AVV Recimil e outros colectivos.

Plataforma polo saneamento da ría de Ferrol.

Hai un mes creouse unha plataforma para reivindicar unha axeitada execución das obras de saneamento da ría de Ferrol, tanto no referente á separación de augas pluviais das residuais, como aos sistemas de tanque de tormentas proxectados, que son ineficaces para xestionar as augas residuais dos concello de Ferrol e Narón.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal