ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / SOGAMA, tema de fondo do Sermos-ADEGA nº 8

19-12-2016

SOGAMA, tema de fondo do Sermos-ADEGA nº 8

SOGAMA: o modelo máis caro, os peores resultados

SOGAMA reciclou o 3% dos residuos recibidos en 2015. Despois de 18 anos de “mellora  continuada”, o seu contedor amarelo apenas recuperou o 10% dos residuos de envases xerados. A este ritmo de mellora, levaríanos 120 anos acadar o obxectivo do 50% fixado para 2020.

Se SOGAMA non recicla, que fai cos residuos? SOGAMA acumula máis de 5 millóns de toneladas de residuos sen tratar no vertedoiro da Areosa, e nos vertedoiros do chamado Complexo Medioambiental de Cerceda acumula máis de 1 millón de toneladas de escouras e outros residuos inertes, e máis de 500.000 t de cinzas tóxicas. Unha situación insostible que fai aflorar novos proxectos de vertedoiros, sexa nas inmediacións de SOGAMA ou polo país adiante. Tamén unha clara fraude á normativa en vigor que unha denuncia ecoloxista xa puxo en coñecemento do Parlamento europeo hai tres anos, aínda sen resolver. 

O número 8 do Sermos-ADEGA fai unha análise crítica do modelo SOGAMA, baixo os seguinte contidos:

  • Contedor amarelo: ineficacia e dobre custo
  • A bolsa negra: cobrar, queimar, verter
  • Incineración: máis residuos tóxicos
  • Os “clientes” de SOGAMA
  • Incumprimentos da normativa
  • Alternativas: habelas hainas
Nunha entrevista, María R. Lafuente presenta os proxectos de compostaxe doméstica de ADEGA, unha alternativa que define como cómoda para as persoas e vantaxosa para os concellos.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal