ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA participa na formación de ´Mestr@s...

01-03-2016

ADEGA participa na formación de ´Mestr@s composteir@s´da Deputación de Pontevedra

As expertas en compostaxe María R. Lafuente de ADEGA e María Durán de Amigos da Terra, xunta con e Manolo Domínguez de Bentos presentaremos hoxe as experiencias de compostaxe caseira e comunitaria levadas a cabo por estas entidades.

ADEGA é un referente na compostaxe caseira a nível galego sendo impulsora dos primeiros proxectos de compostaxe domiciliaria en concellos galegos dende o ano 2002 e de compostaxe comunitaria dende 2011. Neste tempo, organizamos diferentes cursos e xornadas técnicas sobre a compostaxe coa finalidade de introducir a compostaxe como medida de redución de lixo na xestión de residuos dos concellos.

A nível nacional promovimos xa dúas iniciativas lexistativas populares (ILP) a favor da compostaxe e en contra da incineración.

Dende ADEGA parabenizamos á Deputación de Pontevedra por apostar pola compostaxe como xestión de residuos na provincia. A Deputación pretende, nunha primeira fase, implantar a compostaxe comunitaria para darlles servizo a grupos pequenos de cidadáns e a compostaxe individual para aquelas persoas que vivan en zonas dispersas. Para iso porá a disposición dos concellos instalacións de compostaxe colectiva situadas en puntos estratéxicos de cada vila e tamén composteiros individuais.

Ademais, a Deputación creará unhas bolsas de traballo para mestres composteiros, que serán @s técnic@s que se encargarán do mantemento das instalacións de compostaxe comunitaria que se distribuirán por toda a provincia. Actualmente este persoal está a recibir a formación por parte de expert@s en compostaxe a nível estatal e internacional.

Máis info:  María R. Lafuente, vogal de residuos de ADEGA
compostaxe@adega.gal

Audios

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal