21-12-2015
ADEGA entregou hoxe os premios da V Convocatoria dos Concursos de Fotografía, Relato e Curtametraxe polo Territorio, que se enmarcan na campaña por unha ordenación sostible do territorio galego "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". A entrega dos galardóns tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo en presenza do delegado da Área de Cultura deste organismo provincial, Xosé Ferreiro Fernández, departamento que apoiou este proxecto desde o seu comezo no ano 2010.
Por tanto, é xa o quinto ano que ADEGA convoca estes concursos para que a sociedade galega retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Nesta V edición dos Concursos de fotografías e de relatos e IV Edición do Certame de curtametraxes presentáronse 51 fotografías de 21 participantes, 54 relatos de 54 participantes e 6 curtametraxes de 6 participantes procedentes de toda a xeografía galega: Ourense, Corcubión, Ferrol, Lugo, Boiro, A Estrada, Abadín, Santiago de Compostela, Ribeira, Brión, Arbo, Pontecesures, Salceda de Caselas, Nigrán...
A continuación indicamos cales foron as obras escollidas polos diferentes xurados como galardoadas e finalistas en 2015. Para visualizar as obras premiadas, só haberá que premer sobre os seus títulos.
CATEGORÍA ADULTA:
-Gañador: "Galicia no arame" de Rubén López del Pozo. Lugo. (200 Euros e Diploma). Pola eficaz e brillante composición e o retrato da situación do medio rural galego.
-Finalistas:
CATEGORÍA ADULTA:
Gañador: "Na Regueira de Xigonde" de Rafael Lobelle González. Chantada. (250 Euros e Diploma). Pola fondura, tratamento da língua, recoller perfectamente o espirito do certame e reflectir os sentimentos cara á terra.
Finalistas:
CATEGORÍA ÚNICA:
1º Premio: "Máquina" de José Marcelino Saavedra Martínez. Ferrol/Lugo. (250 Euros e Diploma). Polo exquisito tratamento visual e musical facéndonos reflexionar sobre o mundo onde vivimos.
2º Premio: “A Costa da morte, o gran carnívoro sobrevivinte” de Francisco Javier Lema Fuentes. (150 Euros e Diploma). Pola dificultade do traballo e a denuncia trasladada no mesmo.
Finalistas:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal