ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Nova web e novos portais de contidos de ADEGA

09-09-2013

Nova web e novos portais de contidos de ADEGA

Ademais poderedes acceder aos contidos do vello soporte na barra do fondo da actual web a través da ligazón “Web 2009-2013”.

A día de hoxe aínda estamos a completar algunhas seccións que intentaremos ter rematado o máis pronto posible. Pregámosche que teñas paciencia mentres esteamos neste proceso. Agardamos que o resultado sexa do voso agrado.

Melloras no DESEÑO e ESTRUTURA:

Aínda que este aspecto é moi subxectivo, consideramos que con respecto á vella web, o novo soporte dixital ofrece unha apariencia moito máis atractiva para o usuario, visual e actualizada. Na estrutura, a nova web integra toda a información relativa á actividade de ADEGA ordenadamente, destacando na portada todos os contidos que se actualizan día a día.

  • Á web xeral están ligados 4 apartados web que corresponden á Revista Cerna, Radio Cerna, ADEGA-Cadernos e Outras publicacións. Accédese a eles a través da cabeceira da web principal.Cada un deles, como veredes, ten un deseño propio e contidos específicos.
  • Na portada dáselle maior visualización ás actividades e todos os eventos organizados por ADEGA (desde Nacional, a equipa de Educación ambiental, ou doutros movementos nos que participamos) a través do slide dinámico da cabeceira.
  • Tamén adquiren presencia as novas de ADEGA difundidas desde calquera dos seus ámbitos (Nacional, delegacións, Educación ambiental), os programas de Radio Cerna, e os vídeos que consideramos de interese para a súa difusión.
  • Na portada, tamén se poderán consultar de forma instantánea as nosas redes sociais (Facebook e Twiter).
  • Todos os proxectos de ADEGA, campañas ou informes puntuais de actualidade, irán pasando tamén pola portada a través dos diferentes banners. 
  • A barra superior da portada dá acceso a todas as seccións da web, tanto as que se actualizan diariamente, como as estáticas.

Principais NOVIDADES

Iraste decatando de que a nova web inclúe funcións ou apartados dos que antes non dispoñías. Pasamos a indicar algunha destas novidades, aínda que hai moitas máis:

  • Disporás de varios buscadores xerais e específicos (nas seccións de novas e axenda na web principal, e nos 4 apartados web das diferentes publicacións).
  • Pasa a ser pública toda a listaxe de informes, alegacións e denuncias que elaboramos en ADEGA das diferentes áreas temáticas. Pretendemos que a persoa usuaria teña toda a información posible e que ademais poida facer uso dela, ou tomala como referencia. 
  • Toda a información relativa a unha área temática ou de traballo está concentrada nun mesmo apartado para que non te perdas.
  •  Reunimos nun só apartado todos os proxectos que está a realizar ADEGA, nomeadamente de Educación Ambiental, incluída a Eira da Xoana.
  • Inauguramos un apartado de campañas, onde ti podes aportar o teu grao de area. 
  • No apartado multimedia atoparás toda a documentación producida por ADEGA segundo o tipo de soporte. Por primeira vez, poderás visitar a nosa galería de imaxes e vídeos.
  • Tamén poñemos a disposición dos usuarios documentos modelo de denuncia, solicitude de información, ou para a elaboración de alegacións e unha guía das institucións ás que se adoitan presentar estes documentos. Consulta o apartado “Pasa á acción”. Neste mesmo apartado tratamos de facilitar a través de formularios a túa participación na causa ambiental de diversos modos.
  • Facilitamos a escoita de Radio Cerna por streaming, é dicir, sen necesidade de descargar o audio. 
  • Poderás consultar os artigos da revista CERNA e de ADEGA Cadernos sen necesidade de descargar toda a publicación, e facer busca específica dos seus contidos. Ademais, temos a intención de repoñer todos os contidos de ambas as dúas publicacións.
  • Ofrecemos a posibilidade de subscrición on-line ás publicacións de ADEGA.
  • Poderás descargar e consultar todo o material divulgativo producido por ADEGA, a través do apartado web “Outras publicacións”.
  • Poderás subscribirte ao RSS das novas, da axenda de ADEGA, de Radio Cerna e de todas as publiacións da organización.
Estas son algunhas das novidades que che podemos indicar, pero é mellor que as descubras por ti mesmo/a. Anímate a navegar pola nova web de ADEGA e a descubrir todo o que che contamos e máis.

DANOS A TÚA OPINIÓN
: Para ADEGA a túa opinión é o máis importante. Se queres compartila con nós, podes enviarnos un mail a: cerna@adega.gal

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal