ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Visitas á ETAP - EDAR no Concello de Carballo

27-02-2015

Visitas á ETAP - EDAR no Concello de Carballo

O ciclo da auga no Concello de Carballo

O Concello de Carballo, no marco do "Proxecto Anllóns-Bardoso: posta en valor dos ríos", organiza unha serie de visitas guiadas á ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable) e á EDAR (Estación de Depuración de Augas Residuais) do municipio co obxectivo de sensibilizar aos escolares sobre a importancia destes procesos.
Estas visitas serán desenvolvidas por ADEGA nas próximas semanas cos obxectivos de incidir no consumo e aforro de auga.
O alumnado asistente poderá ver o funcionamento do ciclo da auga en Carballo, dende o momento en que a auga se colle no río ata que chega ás nosas casas e finalmente se devolve ao río logo do proceso de depuración. Poñerase o acento na necesidade de usar este valioso recurso con responsabilidade. Tamén se fará fincapé da importancia que ten un xesto tan cotiá como é o de abrir a billa e o custo que supón para todas as persoas que viven no Concello. As visitas comezaron o mércores 25 de febreiro con alumnado do CEIP A Cristina que primeiro estiveron na ETAP e logo na EDAR. Está previsto que todas as visitas se realicen en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e van dirixidas ao alumnado do 3º ciclo de primaria (5º e 6º). Despois do CEIP A Cristina, os seguintes en pasar polas instalacións municipais serán o CEIP Xesús San Luis Romero, o CEIP Fogar, o CEIP Nétoma-Razo, o CPI Artai e o CEIP Bergantiños.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal