Inicio / Novas / ADEGA Nacional / 2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais: humidais...
02-02-2015
Os humidais purifican e repoñen a auga, fornecen alimento a millóns de persoas, actúan de amortecedores das enchentes e as secas protexendo as nosas costas dos temporais. Acubillan tamén unha enorme biodiversidde e son sumidoiros naturais de carbono.
Ti podes colaborar na conservación dos nosos humidais e reverter a preocupante tendencia, xa que dende 1900 desapareceu o 64% dos humidais do planeta. Como facer?
ADEGA vai encetar o proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, através da Fundación Biodiversidad.
A iniciativa está centrada por unha banda no coñecemento e divulgación dos impactos das especies exóticas invasoras nos nosos ríos, charcas e humidais. Dentro desta liña traballarase a identificación de especies exóticas invasoras nos ríos e charcas de Galiza, durante as inspeccións destes ecosistemas en iniciativas como Proxecto Ríos ou Charcas con Vida.
Será tamén importante o voluntariado ambiental e a custodia do territorio para eliminación de especies exóticas invasoras, eido no que ADEGA leva anos de traballo con centos de voluntarios/as por todo o país.
O proxecto "Charcas con Vida", é unha iniciativa de voluntariado, educación ambiental e custodia do territorio encetada en 2013 e que nos levou por todo o País involucrando a unha manchea de voluntarias e voluntarios.
Charcas con Vida conta con tres liñas de acción principais:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal