ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Mesa sobre o Lixo Mariño no CONAMA e constitución...

27-11-2014

Mesa sobre o Lixo Mariño no CONAMA e constitución da Asociación Estatal de Lixo Mariño

Este mércores, 26 de agosto, celebrouse no CONAMA unha actividade sobre o lixo mariño na que participou ADEGA.

O lixo mariño alén do seu efecto estético negativo, ten outros impactos máis prexudiciais para o medio natural e tamén para a saúde humana. No caso dos residuos plásticos, degrádanse en pequenos anacos (microplásticos) que afectan directamente á biodiversidade mariña, e que rematan en moitos alimentos que consumimos diariamente. A actividade sobre o lixo mariño no Congreso Nacional de Medio Ambiente foi un punto de encontro de diversas entidades sobre esta problemática, analizando a situación no estado. A actividade contou cunha elevada participación á que asistiron máis de 60 persoas.

Para comezar Pilar Zorzo de Kai Marine Services  realizou unha introducción á tipoloxía de residuos mariños e á súa procedencia.

A seguir houbo un apartado para falar da regulación nos planos internacional e da UE, onde interviron: Ana Barreira (Directora Executiva do IIDMA), Pedro Fernández (Coordinador de Proxectos para a Rexión Mediterránea de EUCC) e José Luis Buceta (Vogal Asesor da División par a Protección do Mar do MAGRAMA).

Despois dunha pausa deuse paso ás iniciativas desenvolvidas no estado, que foron as seguintes:

-  Proxecto Internacional Coastal Cleanup de Ocean Conservancy

-  Proxecto Ecopuertos Augas Litorais Limpas e Solidarias da Universidade de Cádiz

-  Proxecto Limpezas simultáneas de praias de ADEGA

-  Surf e Actividades de limpeza de Surf and Clean 

-  Proxecto Marnoba da Asociación Vertidos Cero

Coidando o noso mar. Análise, prevención e limpeza de lixo mariño en Canarias de Global Nature 

Recollida participativa de lixo mariño en Andalucía da Asociación Hombre y Territorio

Por último deuse paso á presentación dos traballos da "Asociación Estatal de Basuras Marinas"unha entidade da cal ADEGA forma parte como socia fundadora que en breve estará constituida. Esta entidade dará apoio e divulgación de accións relacionadas co lixo mariño, actuando principalmente nos seguintes eidos:

  • Incidencia política, con vistas a promover estratexias para a correcta xestión dos residuos e tratamento do lixo.
  • Investigación e tecnoloxía, constituíndo un punto de encontro e debate científico-técnico, así como promover e apoiar a investigación sobre o lixo mariño.
  • Comunicación e sensibilización, onde se promoverán actividades de concienciación, limpeza de praias, voluntariado, custodia do territorio, etc. ligadas á mellora do ecosistema mariño no ámbito dos residuos.
A Asociación estará constuída nos próximos meses e seguirá a liña de traballo doutras entidades semellantes como a Asociação Brasileira de Lixo Marinho ou a Asociação Portuguesa de Lixo Marinho.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal