Inicio / Novas / Delegacións / ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do perigo...
13-04-2026
ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de comunicar á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a situación de grave risco que afecta varios bens arqueolóxicos situados na zona de Parada, parroquia de Parada, no concello de Outeiro de Rei (Lugo), onde nestes momentos se están a desenvolver traballos forestais de corta de piñeiros e está prevista ademais unha nova plantación de eucaliptos.
O caso máis preocupante é o dos Petróglifos de Parada, localizados no punto de coordenadas X 609154, Y 4768054. Sobre a rocha na que se atopan hai actualmente troncos dos piñeiros xa cortados, nunha actuación que se está a realizar con maquinaria pesada e sen que se aprecien medidas de precaución ou protección respecto destes elementos patrimoniais.
Segundo a información da que dispoñen ADEGA e Mariña Patrimonio, no ano 2020 púxose en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a existencia destes petróglifos, confirmouse a súa autenticidade e asignóuselles un código GA, que ambas entidades descoñecen e por iso non poden achegar. A pesar diso, os petróglifos non foron incorporados nin ao visor do PBA nin ao visor de aproveitamentos forestais, unha circunstancia que incrementa notablemente o risco de afección ao non constar publicamente a súa existencia.
ADEGA e Mariña Patrimonio advirten tamén de que na mesma zona arqueolóxica existen outros bens patrimoniais inéditos para a DXPC que poderían sufrir danos no transcurso destes labores forestais:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal