ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia...

18-07-2012

ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia do Litoral

ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia do Litoral

ADEGA e o Concello de Porto do Son acordaron asinar un convenio de Custodia do territorio, onde as dúas partes se compromenten a levar adiante iniciativas de custodia litoral no ámbito do concello. Entre as actividades que se enmarcan dentro deste convenio está unha xornada de voluntariado ambiental “Conservando as nosas dunas” que se desenvolverá nas lagoas de Xuño e Muro o xoves 19 de xullo, centrada na eliminación de especies exóticas invasoras. A Fundación Biodiversidad seleccionou esta propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.

A custodia do territorio é un crecente movemento que implica á sociedade e faina partícipe dun proxecto de conservación, promovendo un uso responsable dos seus recursos. É froito dun traballo conxunto de numerosas persoas de diferentes colectivos, que teñen un obxectivo común: a conservación do territorio, e neste caso a conservación do patrimonio litoral.

ADEGA ven desenvolvendo varios proxectos no concello de Porto do Son dende o ano 2011, con apoio da Fundación Biodiversidad e do propio Concello, para a divulgación e acción contra as exóticas invasoras nos espazos naturais deste concello da península do Barbanza. Porto do Son conta no seu territorio co LIC Complexo Húmido de Corrubedo e varios humidais inventariados, que destacan polo seiu importante valor ecólóxico.

ADEGA e Porto do Son asinan un acordo de Custodia do Litoral

As dúas partes están dacordo en poñer en valor estes paraxes, e desenvolver actividades que axuden ao seu coñecemento e conservación.

O acordo de custodia non terá unha cuantía económica asignada, aínda así o concello poderá financiar algunhas actuacións na medida das súas posibilidades, e ADEGA pola súa parte tentaráa cadar fondos para o desenvolvemento de actividades de carácter ambiental.

ADEGA e o Concello fixo público este Acordo de Custodia Litoral nunha rolda de prensa no concello de Porto do Son o martes día 17 de xullo no centro de interpretación dos Castros de Baroña.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal