06-04-2014
Con representación de ADEGA , outros colectivos da plataforma, partidos políticos, asocacións e veciñanza en xeral, realizouse o domingo 6 de abril 2014 unha concentración de protesta no peirao de Ferrol O proxecto de pasar o tren con noso recheos sobre a Malata reduciría máis o escaso fluxo de auga que entra e sae da enseada, contribuiría a que os seres vivos que viven nela esmorezan. Esta enseada que no pasado foi unha das máis produtivas en ameixa babosa da Ría de Ferrol, viuse gravemente prexudicada pola construción do peirao carboeiro, e agora co viaduto que se vai construír neste novo proxecto, suporá un paso máis cara a súa desaparición.
información adicional: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal