ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Manifesto ecoloxista: "A ampliación da Rede...

05-06-2024

Manifesto ecoloxista: "A ampliación da Rede Natura galega non pode agardar máis"

No Día Mundial do Medio Ambiente, 50 colectivos ecoloxistas e naturalistas galegos reclaman a ampliación urxente e a mellora da xestión dos espazos naturais protexidos do país

No Día Mundial do Medio Ambiente, novamente os colectivos ambientalistas reivindicamos a Rede Nutura 2000 e aproveitamos para reclamar protección efectiva da natureza. Porque esta rede de espazos naturais protexidos, creados ao amparo das directivas de Hábitats e de Aves, é imprescindible para que a biodiversidade europea teña unha oportunidade de futuro.

Entidades ambientalistas e particulares en toda Europa reclamamos ás administracións que apliquen todas as medidas necesarias para garantir a neutralización de impactos e a restauración de hábitats naturais en todos os espazos protexidos da Rede Natura 2000, sexan Zonas Especiais de Conservación ou Zonas de Especial Protección para as Aves.

Ademais, as entidades asinantes pedimos que se amplíe a superficie de Rede Natura 2000 no territorio terrestre galego de maneira urxente, de forma que, como mínimo, se triplique a superficie protexida antes do ano 2030. Isto suporía pasar do ridículo 12% do territorio terrestre galego protexido actualmente -na cola do estado español- ata un 36% a seis anos vista, porcentaxe que xa permitiría asegurar a conectividade de hábitats e especies de conservación prioritaria.

Con todo, esta protección debería ir da man dun correcto manexo dos espazos, apoiada en plans de xestión e unha vixilancia efectiva destas áreas protexidas. As entidades asinantes esiximos tamén que se aumente o número de efectivos encomendados a labores de xestión, vixilancia e sanción dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, e que se supervisen de xeito eficaz todas e cada unha das áreas protexidas todos os días do ano, incluíndo as situadas no mar.

Asinan este MANIFESTO pola ampliación da Rede Natura 2000 en territorio galego e por unha xestión e vixilancia efectivas dos espazos naturais protexidos:

Grupo Naturalista Hábitat Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
Federación Ecoloxista Galega (FEG)

Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)

Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
Asociación de Naturalistas do Baixo Miño (ANABAM)

Amigas das Árbores Ourense

Asociación Treze-Catorze

Brexa Custodia do Territorio

Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA)

Colectivo das Pedras Galladas
Verdegaia
Ecoloxistas en Acción
Ecoloxistas Galiza "Atlántica e Verde"

Ecologistas Galego-Transmontano
Colectivo Ecoloxista do Salnés (CES)

CSA Casa Colorida
Asociación para a Defensa da Ría (APDR)

Asociación RaizameVivo

Asociación Sociocultural Entropía

Fragas do Ortegal
Betula – Asociación para a custodia do Bosque Atlántico
Salvemos a Serra Martiñá

Comunidade de Monte Veciñal do Xalo

Sociedade Galega de Ornitoloxía

Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT)

Comunidade de Montes Veciñais de Coruxo
Plataforma Turonio

Amigas da Terra

Asociación Ambiental Senda Nova

Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro

Morcegos de Galicia

A Rente Do Chan PLADEVER
Greenpeace (Galicia)
Asociación Rapa das Bestas Sabucedo
Fundação Montescola

Asociación Cultural e Medioambiental Tarabelada

SOS Suído Seixo

Asociación ZOA, cidadanía e biodiversidade

Amigos do Patrimonio de Castroverde

Asociación ecoloxista de Bueu Anduxía

A Lama Vive (Asociación Veciñal Sociocultural e Ambiental)

Plataforma para a Defensa do Sur da Dorsal Galega
Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes (GEAS)
Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas

Meta-Comunica (asociación para a liberdade de información e comunicación)
Asociación Lobo
Asociación Couto da Eirexiña
Grupo Lobo

Ecologistas en Acción de Cádiz

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal