26-02-2021
O inicio das obras dunha gasolineira cerca do río Valiñas pon en perigo a biodiversidade do río e da Ría do Burgo ao verter continuamente terra na canle que chegará á Ría do Burgo.
As verteduras ilegais desta obra, están a provocar alteracións no ecosistema do río e poñen en risco a súa fauna e flora. As verteduras proveñen do burato creado para cimentar a gasolineira. Coas chuvias dos últimos días e as filtracións dos terreos próximos foise enchendo de auga, de xeito que se creou unha pequena lagoa artificial, que xa está a punto de rebordar.
Aínda que a priori a terra e a auga non son elementos contaminantes, a turbidez reduce a capacidade de fotosíntese das plantas acuáticas e o osíxeno disolto na auga. Isto pode causar a morte dos animais que viven no río entre outros prexuízos a longo prazo para o río.
O lugar no que se sitúan as obras, é unha braña facilmente anegable algo que coñece ben a veciñanza de Ledoño.
A pesar disto, na autorización de Augas de Galicia, publicada o 18 de outubro de 2019, considera esta parcela como non asolagable nos vindeiros 500 anos. Á vista da situación actual das obras, os cálculos que realizou esta entidade autonómica non parecen corresponderse coa realidade.
Malia a que a obra ten autorizacións do Concello de Culleredo e Augas de Galicia, en ningún caso se permiten as verteduras ao rio. Augas de Galicia pon como condicións particulares para esta obra:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal