ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

03/11/2026

​ADEGA denuncia rozas con maquinaria pesada nunha zona húmida en Castroverde

A asociación alerta das posibles afeccións ao Rego de Mosteiro e ás fontes do Xuncal, do Torrón e do Ouro. As rozas con maquinaria pesada estanse levando a cabo xunto á igrexa románica de San Pedro de Cellán de Mosteiro.

+info

14/10/2026

ADEGA-Lugo presenta un recurso contra o desenvolvemento do plan parcial S5I, que afecta ás nacentes do Rato

ADEGA acadou o obxectivo económico mínimo para defender nos tribunais este espazo natural. Máis de 200 doazóns demostran o amplo apoio social á defensa do río

+info

24/09/2026

ADEGA-Lugo pecha a campaña “Río Rato sen cemento” cunha foliada solidaria en Reque

A asociación ecoloxista conseguiu reunir 12.000 euros en tres meses para a defensa xudicial das nacentes do Rato fronte á urbanización prevista no sector S-5.I. O acto terá lugar este sábado 26 de setembro no Lugar de Reque.

+info

15/09/2026

ADEGA-Lugo pide un impulso final nas doazóns para recorrer nos tribunais a cementación das nacentes do río Rato

A campaña «Río Rato sen cemento» entra na súa recta final: quedan 15 días e menos de 4.000 euros para acadar o obxectivo.

+info

14/09/2026

ADEGA reclama unha avaliación ambiental ordinaria para as baterías Belesar I e II ante a acumulación de proxectos enerxéticos na Ribeira Sacra

A organización alerta da afección sobre a Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra, as nacentes do río de Tarrío e un territorio xa sometido a unha forte concentración de infraestruturas eléctricas.

+info

11/09/2026

ADEGA-Lugo logra paralizar as obras de ampliación dunha granxa en Castroverde e reclama recuperar a zona húmida afectada polos recheos

O Concello inicia actuacións tras a denuncia da organización ecoloxista polos movementos de terras en Cellán de Mosteiro. ADEGA esixe agora a restauración da zona húmida, na que se atopan as nacentes dun regato que vai dar ao Tórdea.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal