ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

10/03/2017

A empresa INCA retira a demanda contra 9 activistas de Lugo de Cara ao Miño e ADEGA

A empresa adxudicataria do proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz de Lugo, INCA, retira a última hora a demanda por presunta coacción contra varios membros de ADEGA e da plataforma "Lugo de Cara ao Miño".

+info

22/02/2017

Nova denuncia penal contra integrantes de ADEGA e da plataforma Lugo de Cara ao Miño

O administrador único da empresa adxudicataria da concesión hidroeléctrica da Fábrica da Luz, M. García Gesto, volve arremeter contra o movemento Lugo de Cara ao Miño cunha nova denuncia penal por presuntas coaccións.

+info

13/01/2017

Concentración solidaria cos compañeiros que serán xulgados por defender o río Miño en Lugo

A plataforma da que fai parte ADEGA, Lugo de Cara ao Miño, vén de convocar unha concentración para o día 20 de xaneiro diante dos xulgados de Lugo, en apoio aos tres compañeiros que serán sometidos a xuízo tras unha denuncia de Inca.

+info

30/11/2016

A CH deberá declarar caduca a concesión para explotar a Fábrica da Luz de Lugo

A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" e ADEGA expoñen os motivos legais e de índole ambiental, socioeconómica e de xustiza que fundamentan a extinción da concesión outorgada ao Concello de Lugo para explotar a Fábrica da Luz.

+info

18/11/2016

ADEGA conciencia ambientalmente aos menores en risco de exclusión social de Lugo

ADEGA e a Asociación Dignidade de Lugo asinan un convenio para fomentar a conciencia ambiental entre os menores en risco de exclusión social de Lugo. No marco deste programa realízanse roteiros, inspeccións de río, visitas ao mercado e horticultura.

+info

03/11/2016

Unha sentenza do TSXG avala a deturpación dos Camiños históricos a Santiago por un baleiro legal

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso do Foro do Camiño e xustifica a deturpación da traza histórica do Camiño Primitivo a Compostela na existencia dun baleiro legal sobre como realizar as delimitacións das vías medievais.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal