ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / A Mariña

A Mariña

27/10/2025

ADEGA e Mariña Patrimonio reclaman protección para a Mina Romana da Espiñeira

Advirten que os traballos da canteira de Euroarce afectan a zona arqueolóxica.

+info

27/03/2025

Un cento de xacementos arqueolóxicos da provincia de Lugo, en risco por labores forestais

Mariña Patrimonio e ADEGA identificaron, ao longo do ano 2024 e comezos do 2025, 101 xacementos arqueolóxicos afectados por labores forestais.

+info

06/02/2025

ADEGA reafirma que a canteira de Euroarce si afecta a zona protexida da Mina Romana da Espiñeira en Foz

A organización ecoloxista responde á comunicación emitida pola empresa que actualmente explota a canteira “Nuestra Señora de Begoña”, no concello de Foz, e onde sinala que a súa explotación se sitúa fóra desta área patrimonial.

+info

28/06/2021

Unha plantación de eucaliptos dana gravemente un castro en Alfoz mal catalogado

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a destrución parcial dun castro en Alfoz que está mal xeolocalizado pola Xunta na actualización do Catálogo Galego de Patrimonio Cultural.

+info

10/05/2019

A Xunta ten informes que proban a existencia dun Castro que intentou descatalogar

Os informes arqueolóxicos contrastan co expresado no seu día polo Servizo de Patrimonio de Lugo, que dubidaba da existencia do xacemento sobre o que agora hai unha canteira

ADEGA e Mariña Patrimonio expresan a súa sorpresa polo feito de que no seu día o Servizo de Patrimonio de Lugo argumentase que non había "probas abondas" sobre a existencia do Castro de Trinidade, situado entre os concellos de Mondoñedo e Lourenzá.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal