ADEGA

Proxectos

Fluviatilis: custodia para a resiliencia

Este proxecto supón unha oportunidade para restaurar ríos e adaptarnos ao cambio climático.

+info

Eira da Xoana

A Eira da Xoana

ADEGA bota a andar un proxecto de educación e recuperación do patrimonio ambiental co nome de "Aldeaverde". A iniciativa pretende crear un Centro de educación ambiental e do patrimonio cultural.

+info

Proxecto Ríos

Proxecto Ríos

Iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos.

+info

Charcas con Vida

Charcas con vida é unha iniciativa que nace coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír ao seu estudo e conservación. Pretende aportar solucións ao problema de desaparición de charcas e da biodiversidade que acollen

+info

Couto da Eirexiña

O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que se establece entre a comunidade de montes en man común da parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade, e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). A principal finalidade do proxecto, que conta cunha superficie total custodiada de 172,66 hectáreas, é a conservación e a posta en valor do patrimonio natural e cultural de Rebordelo.

+info

Compostaxe

Compostaxe caseira e comunitaria

A finalidade deste programa é divulgar a compostaxe caseira e comunitaria como método de tratamento dos residuos orgánicos sen necesidade de transporte

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal