ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Pacifismo e mundialización / Presentación

Pacifismo e mundialización

Non á guerra contra Iraq

"Esta asociación, ademais, preocupada polos riscos da militarización da sociedade e do territorio, propiciará o estudo e a conscienciación da populación ante as ameazas á Paz Mundial e as consecuencias da carreira de armamentos."

Coa introdución, en 1984, deste parágrafo no Título I dos seus Estatutos, a organización ecoloxista ADEGA, legalizada en 1976, integrou o pacifismo no seu ideario.

Eran tempos de mobilización contra a OTAN e a carreira de armamentos. Desde aquela, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza non deixou de apostar pola construción da paz: a meio da nonviolencia, apoiando a un movimento antimilitarista que logrou pór fin ao Servizo Militar Obrigatorio no Estado español, mobilizándose contra a Guerra do Golfo, opóndose tanto á OTAN como a Milosevic, rexeitando os bombardeamentos do Afganistán, denunciando a guerra de ocupación do Iraque, denunciando a invasión do Líbano e o terrorismo, respaldando a Obxección Fiscal aos Gastos Militares…

Máis de vinte anos despois, ADEGA mantén vivo o seu compromiso ecopacifista e desexa reforzar o seu traballo neste campo, a situación do mundo non é para menos.


Sen petróleo, non á guerra

Hoxe o planeta xa non está dominado pola Guerra Fría, senon polo resultado do desenlace desta cunha vitoria da versión capitalista do industrialismo: a globalización neoliberal, un sistema ecoloxicamente insustentábel construído sobre a extensión da inxustiza social, a degradación da democracia e o recrudecimento de políticas represivas, militarista e belicistas, unha opción apresentada como a única posíbel.

A alternativa ecopacifista é a da procura dunha saída emancipatória á actual crise ecolóxica global, dunha superación do actual sistema baseada na construción dun mundo ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto no que podermos (con)viver en paz, humanos e non-humanos de hoxe e de mañá.

Ese outro mundo, para alén de desexábel, si é posíbel: está na nosa mao.

QUE FACER?

Recentemente, ADEGA celebrou os 20 anos de ecopacifismo galeg

Con pequenos actos aparentemente insignificantes, desde o noso día a día, estamos xa a mudar o mundo, mais… cara onde? A alternativa ao modo de vida que levou o planeta ao seu actual estado, pasa polo desenvolvemento de hábitos favorecedores da sustentabilidade ecolóxica, a xustiza social e a cultura de paz:

  • Practica o consumo responsábel (non consumista, de produtos locais, de comercio xusto e/ou produción biolóxica, na procura do máximo aforro enerxético e do residuo cero…)
  • Exerce como cidadá(n) libre, recorre á non violencia e á desobediencia civil (presiona a gobernos e empresas, participa, organízate, mobilízate, fai Obxección Fiscal aos Gastos Militares…);

Globalización

Globalización

O Fondo monetario Internacional define globalización como: - A interdependencia económica crecente do conxunto dos países do mundo, provocada polo aumento do volume e variedade das transaccións transfronteirizas de bens e servicios, así como dos fluxos internacionais de capitais, ao tempo que a difusión acelerada e xeneralizada da tecnoloxía.-

Alaine Touraine, sociólogo francés, fala dela como un proceso nefasto mediante o cal os pobos teñen cedido (sen acordalo) o poder sobre as súas economías e as súas sociedades a forzas globais e antidemocráticas tales como mercados, axencias de cualificación de débeda, etc.

Miren Etxezarreta, catedrática de Economía Aplicada da Autónoma de Barcelona, opina que non e máis que o nome que se da a actual etapa do capitalismo. Nada mais que isto. Nin nada menos. Non cambia nada esencial nas sociedades capitalista que levan existindo dende hai mais de dous séculos. Sempre foron, e a globalización segue a ser, sociedades baseadas na explotación dunhas persoas por outras. Só as formas teñen cambiado, vanse adaptando ás necesidades e oportunidades de cada época.

A globalización é un proceso complexo que abrangue múltiples facetas, introducíndose en todos os ámbitos da sociedade. Estructura as relacións internacionais e a orde económica baixo os fundamentos teóricos do neoliberalismo, entendido como unha visión liñal do progreso, no que o crecemento económico é a resposta ás necesidades humanas e a maneira de acadalo é apoiándose na acción individualista e egoísta das persoas, nun marco de libre mercado no que as relacións económicas son de carácter privado e alleas a toda intervención estatal. O papel do estado é a implementación de medidas que protexan a propiedade privada e o proceso de acumulación capitalista.

Esta ideoloxía, combinada coas tecnoloxías da información e a comunicación e aplicada por compañías transnacionais cunha absoluta falla de control social ou dos Estados, plásmase na actual nova orde mundial, na que colonización económica e o sometemento de gobernos elixidos democraticamente aos dictados das compañías está a provocar enormes danos políticos, sociais, medioambientais e culturais.

O mundo convértese nun enorme mercado, no que o valor financieino das accións das compañías está por riba de calquera outra consideración, introducindo o noso planeta nunha espiral productivista e de consumo exacerbado no que o deterioro ambiental, a desestructuración social e a perda de identidade cultural son as súas consecuencias mais visibles.

O movemento ecoloxista ten que ser quen de propoñer alternativas a este proceso, elaborando, dende unha óptica ecoloxista e galega, propostas teóricas e de actuación para facer fronte ao poder das transnacionais, ao pensamento único e a nova orde mundial, fomentando a soliedariedade entre pobos e traballando todos xuntos para termos un mundo mellor.

A globalización resúmese nun proceso económico, financieiro e comercial que fortalece aínda máis os fundamentos da economía capitalista depredadora e expande as súas gadoupas para abranguer todos aqueles ámbitos sociais aínda non completamente mercantilizados (medio ambiente, auga, sanidade,....).

Comisións de traballo

É importante facer referenza á esistencia de diversas comisións de traballo que desenvolven un labor coordenado tratando diferentes problemáticas, e nas que os socios e socias poden participar: Estas son as comisións de traballo:

  • Comisión de COMUNICACIÓN: revista CERNA, Radio-CERNA, publicacións e medios audiovisuais
  • Comisión de CONSERVACIÓN: temas relativos a biodiversidade, xeodiversidade e espazos naturais, Rede Natura e espazos protexidos.
  • Comisión de RESIDUOS: inclúe tamén consumo responsábel.
  • Comisión de CAMBIO CLIMÁTICO: problemática da enerxía e do  transporte.
  • Comisión de EDUCACIÓN AMBIENTAL E VOLUNTARIADO.
  • Comisión de MEDIO RURAL: inclúe competencias de GDRs, agricultura ecolóxica, transxénicos, forestal e montes.
  • Comisión de URBANISMO: inclúe competencias de ordenamento territorial, infraestruturas e litoral.


ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal