ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Auga e ríos / Presentación

Auga e ríos

Nos últimos anos, e ao abeiro da normativa eléctrica e co beneplácito da anterior Xunta, proliferaron en Galiza as intencións de poñer ós nosos ríos ao servizo da producción de electricidade.

A enxurrada de encoros que trouxo consigo esta política constituíu o maoir atentado para os ecosistemas fluviais e representou a definitiva sentencia, letal para a vida dos nosos ríos, despois de terlles estragado a parte baixa cos grandes encoros que tanto dano produciron aquí para levar enerxía cara fóra.

A oposición de ADEGA ás minicentrais, fundaméntouse, entre outras, nas seguintes razóns:

  • A falla de seriedade e rigor nas avaliacións dos impactos e o nulo seguimento dos efectos sobre oscursos fluviais das novas construccións.
  • As previsións de autorizar un número desorbitado de novas minicentrais, que afectarían á práctica totalidade dos nosos ríos e nas zonas de maior importancia -as partes altas- para a súa conservación.
  • A situación enerxética actual de Galiza, excedentaria de enerxía eléctrica,ea evidencia de xa ter pagado, cos grandes encorose coas minicentrais existentes,un altoprezo ambiental .
  • A lexislación, até o de agora totalmente permisiva que facilitou a instalación de minicentrais en todo o territorio sen limitacións de ningunha caste.
  • A xordeira crónica dos organismos competentes (Augas de Galiza, Consellería de Política Territorial,...) que non escoitaron a oposición de centos (milleiros en algúns casos) de cidadáns que pretenden preservar os ríos dos muros de formigón e conservalos para esta e as futuras xeracións.
  • A implícita privatización dun ben público, o río, para beneficio exclusivo das empresas productoras de electricidade.
  • A política enerxética da anterior Xunta, que tivo único obxectivo aumentar a producción e non entrar a considerar o aforro enerxético,que facilmente acadaría a cantidade de enerxía que se pretende producir coas novas instalacións.

ADEGA fixo un importante esforzo para dar coñecer á poboación en xeral este atentado contra o noso medio natural. Non queremos ser cómplices das agresións contra todo o noso sistema fluvial, nin queremos que a poboación, pola falla de información, quede exenta da responsabilidade que como cidadáns e cidadás temos no uso e trato do común patrimonio natural. O labor de ADEGA consiste en:

  • Apoio á organización e/ ou promoción de colectivos directamente afectados.Apoio decidido, con medios materiais e humanos, a COGADER (Coordenadora Galega para a Defensa dos Rios).
  • Alegacións a múltiples proxectos (que son rexeitadas sistematicamente pola Administración).
  • Impulsora e promotora, xunto con outros colectivos socias, da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos
  • Divulgando a importancia dos ecosistemas fluvias e creando unha rede cidadá activa no seguimento e vixianza do seu estado a través do Proxecto Ríos
  • Denuncia perante a Comisión Europea da planificación hidroeléctrica.
    • Charlas e conferencias sobre os efectos ambientais das minicentrais.
    • Participación, a través das canles abertas pola Administración, formulando propostas e alternativas (aínda que a práctica ten demostrado que as comisións constituídas son un mero formalismo: a composición delas garante de entrada a prevalenza das posturas previas da Administración , que en ningún momento busca o consenso)

    O Proxecto Ríos

    O Proxecto Ríos

    O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos promovida por ADEGA.

    Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade


    Ligazóns

    Descargas

    ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
    Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
    Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal