Esta campaña de recadación solidaria impulsada por ADEGA pretende reunir os fondos necesarios para defender o medio ambiente e o rural galego nos tribunais fronte a actual invasión eólica. Fai a túa achega ao fondo común da campaña ou para o recurso de proxectos eólicos concretos. Lembra que as doazóns poden desgravar en Facenda ata un 80%. Ti podes paralos!
Santo Estevo é un oasis de especies autóctonas cunha rica biodiversidade de flora e fauna. O obxectivo é recuperar a fraga nunha parcela que agora mesmo está a eucalipto.
A autovía A-57 é unha navallada ao río Lerez e aos núcleos do rural pontevedrés. A construción do treito A Ermida-Pilarteiros atravesará un espazo natural protexido de Rede Natura. Só nos fica acudir aos tribunais para procurar frear esta infraestrutura inútil, de elevado impacto socioambiental e contraria ás políticas de mobilidade sustentable.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, á petición das entidades ADEGA e PDCC, vén de paralizar cautelarmente dous dos parques eólicos de Bustelo-Campelo-Monte Toural de Greenalia autorizados pola Xunta nos concellos de Santa Comba, Coristanco, Carballo e Tordoia. Pero, o TSXG esixe o depósito inmediato dun aval de 20.000 euros para facer efectiva a paralización cautelar dos parques Bustelo e Campelo. O reto foi acadado o venres, 28 de outubro grazas á solidariedade da sociedade galega a través da campaña Ti podes paralos!!
As Covas de Vale, situadas no concello lucense de Baralla, están ameazadas por un proxecto mineiro aprobado en 2007 pola Dirección Xeral de Minas da Xunta de Galiza, en conivencia co goberno local. Malia a estar inventariadas no catálogo de bens patrimoniais de Galiza, a tramitación do proxecto mineiro segue o seu curso e, por tanto, as covas tamén seguen en perigo. Asina esta petición de Change.org para que a Administración poña en valor estas covas e garanta a súa conservación.
“Cousa de Raíces” é unha campaña que xorde por iniciativa de ADEGA pero que está aberta á participación de todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar baixo un mesmo obxectivo: defender o noso bosque a través do seu coñecemento e posta en valor. Preto de 50 entidades, empresas, colectivos culturais, asociacións ecoloxistas e investigadores se sumaron xa a esta causa, que continúa recollendo apoios.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal